Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Garda Civil xa dispón dun novo buque oceánico construído en Vigo

A Garda Civil xa dispón dun novo buque oceánico construído en Vigo

O Duque de Ahumada mide 82 metros de eslora por 14 de manga, o máis grande e avanzado do Servizo Marítimo da Benemérita

Pode permanecer ata 30 días sen tocar porto e está equipado coa tecnoloxía máis avanzada

O ministro do Interior asistiu ao acto oficial de entrega no estaleiro Armón de Vigo

G24.gal 18/09/2025 14:43

É o buque máis grande e moderno da Garda Civil. Mide 82 metros de eslora e leva o nome do fundador do corpo: Duque de Ahumada. Este xoves fíxose a súa entrega oficial á Benemérita, nos estaleiros vigueses de Armon, onde se construíu.

Custou 35 millóns de euros, o 90 % púxoos a Unión Europea. Para Fernando Grande-Marlaska, ministro do Interior o investimento representa "construír seguridade, valor e industria naval española".

O titular de Interior destaca o pulo industrial que supón a renovación das patrulleiras da Garda Civil, e niso, di Fernando Grande-Marlaska, Galicia terá un papel destacado. Asegurou que o Goberno vai seguir contando con estaleiros como Armón, do que destacou a súa "calidade e profesionalidade".

Este novo buque oceánico xubilará outro veterano, o Río Miño. Incorporarase ao Grupo Marítimo do Estreito, con base en Cádiz. Alí desenvolverá distintas misións, a gran maioría delas vinculadas á inmigración ilegal e ao narcotráfico.

O Duque de Ahumada tamén traballará coa axencia europea Frontex lonxe da costa española. Pode permanecer ata 30 días sen tocar porto e está equipado coa tecnoloxía máis avanzada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade