Prisión sen fianza para o acusado de acoitelar a súa compañeira de piso na Coruña
O xulgado acúsao dun delito de homicidio
A Policía reconstrúe o crime do paseo de Ronda, na Coruña, en presenza do suposto homicida
O xulgado decretou prisión provisional comunicada e sen fianza para o home detido na Coruña por acoitelar súa compañeira de piso.
A moza faleceu no hospital polas lesións.
O home está investigado agora por un delito de homicidio.
Así o informou o TSXG tras o pase a disposición xudicial do detido na tarde deste luns.
Os feitos ocorreron o sábado arredor das 14.00 horas no Paseo de Rolda, nas inmediacións do estadio de Riazor.
A vítima era unha compañeira de piso, nunha vivenda compartida con máis persoas, polo que o caso non se investiga como violencia de xénero.
No inmoble declarouse ademais un incendio, polo que se abriu tamén unha investigación paralela.