Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Policía reconstrúe o crime do paseo de Ronda, na Coruña, en presenza do suposto homicida

A Policía reconstrúe o crime do paseo de Ronda, na Coruña, en presenza do suposto homicida

O mozo acoitelou no pescozo a súa compañeira de piso causándolle a morte

G24.gal 22/12/2025 14:36

Era o momento en que o mozo acusado de acabar coa vida da súa compañeira de piso abandonaba o edificio onde sucederon os feitos. Había poucos meses que compartían vivenda na Coruña, el por estudos e ela por traballo. No piso vivían ademais outras dúas mulleres.

"Este piso estaba alugado por cuartos", explica un veciño.

Os feitos sucederon o sábado na cociña da vivenda. O mozo acoitelou supostamente a súa compañeira de piso no pescozo e logo prendeu lume nun colchón provocando un incendio.

"Pasei o peor momento da miña vida. Eu soa no sétimo piso, sabendo que había lume abaixo", di unha veciña.

"Dinme conta cando abrín a porta da cociña e xa vin o fume na casa", asegura outro veciño do edificio.

Segundo puido saber a Televisión de Galicia, as tres mozas que compartían o piso xa lle trasladaran a caseira problemas de convivencia co suposto homicida. Mesmo que tiñan medo polo seu comportamento. Os veciños do edificio aseguran que nunca escoitaron leas entre eles.

 "Non porque son xente que leva pouco tempo aquí".

A vítima chegou a ser intervida no complexo hospitalario da Coruña pero faleceu poucas horas despois pola gravidade das súas feridas. O suposto homicida pasará nas próximas horas a disposición xudicial despois de pechar as dilixencias policiais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade