Máis de 70 anos de cadea para os culpables do crime da activista brasileira Marielle Franco
Os irmáns Brazão ordenaron o asasinato da concelleira socialista do Río de Xaneiro porque "ousou confrontar os intereses de homes brancos e ricos"
Entre os cinco condenados hai dous exaltos cargos da policía, que puxeron atrancos ás investigacións
Anielle Franco, irmá da activista asasinada, no xuízo na Corte Suprema. REUTERS/Mateus Bonomi
A Primeira Sala da Corte Suprema do Brasil impuxo este mércores penas de entre 9 e 76 anos de cárcere aos cinco acusados de ordenar, planificar e encubrir o asasinato en marzo de 2018 da concelleira e activista do Río de Xaneiro Marielle Franco.
Os irmáns Brazão, "mandantes" do asasinato
As dúas condenas máis altas, a 76 anos e 3 meses de prisión en réxime pechado, foron impostas a João 'Chiquinho' Brazão, exdiputado federal, e o seu irmán Domingos Brazão, conselleiro do Tribunal de Contas do Río, como "mandantes" do crime "bárbaro" que acabou coa vida da edil.
Os catro maxistrados da sala consideraron probado que os dous políticos lideraron unha organización criminal armada dedicada a negocios inmobiliarios ilegais en barrios humildes da zona oeste do Río de Xaneiro, e que decidiron sentenciar a matar a Franco pola súa "combativa" actuación política contra esas prácticas ilícitas.
Os irmáns Brazão foron condenados polos delitos de "organización criminal armada, dobre homicidio cualificado e tentativa de homicidio", xa que no atentado morreu o chofer de Franco, Anderson Gomes, e sobreviviu Fernanda Chaves, asesora da concelleira.
Prisión tamén para os outros tres implicados
Aos outres tres imputados aplicáronlles penas máis baixas. Así, para Ronald Paulo Alves, expolicía militar, ditaron unha condena de 56 años de prisión por subministrar información "esencial" para este crime; Rivaldo Barbosa, exxefe da Policía Civil do Río, foi condenado a 18 años de cadea por "obstrución á xustiza e "corrupción pasiva" por poñer atrancos ás investigacións e Robson Calixto Fonseca, coñecido como Peixe, "home de confianza" dos Brazão, foi sentenciado a 9 anos de cadea por un delito de organización criminal armada.
A setenza non é firme e aínda cabe recurso ante o mesmo tribunal. Os integrantes da Primeira Sala da Corte Suprema do Brasil apoiaron as teses da Fiscalía, que viu no asasinato a tiros de Marielle Franco e do seu chofer, Anderson Gomes, a noite do 14 de marzo de 2018, un intento de silenciar a combativa actuación da edil contra a presenza de grupos paramilitares na zona oeste do Río.
"É un episodio de violencia política de xénero para neutralizar unha muller negra e pobre que ousou confrontar os intereses de milicianos homes brancos e ricos. O recado é ese. O erro foi que (os acusados) non esperaban esa gran repercusión", sostivo o relator do caso, Alexandre de Moraes.
Segundo o tribunal, ante a cada vez maior influencia mediática e política de Marielle Franco, os Brazão "decretaron a morte" da concelleira como "a única saída para preservar os seus intereses na zona".
Con iso, tamén buscaron "producir un efecto intimidatorio e disuasorio" entre outros membros da súa plataforma política, o Partido Socialismo e Liberdade (PSOL), segundo defendeu De Moraes no seu voto. Ás mesmas conclusións chegaron os outros tres maxistrados da sala: Cristiano Zanin, Cármen Lúcia Antunes e Flávio Dino.
Asasinada a tiros en marzo de 2018
Marielle Franco, muller, negra, lesbiana, nacida nunha favela e militante do Partido Socialismo e Liberdade (PSOL), foi asasinada a tiros a noite do 14 de marzo de 2018 mentres se trasladaba nun vehículo tras participar nun acto no centro do Río. O condutor, Anderson Gomes, tamén foi asasinado. Con eles viaxaba Fernanda Chaves, asesora de Franco e única sobrevivente do atentado