Publicador de contidos

Publicador de contidos

O anestesista da clínica dental de Alzira quedou en liberdade con cargos

O anestesista da clínica dental de Alzira quedou en liberdade con cargos

A xuíza di que non ten indicios suficientes para atribuírlle a morte da nena exclusivamente a unha imprudencia do facultativo

G24.gal 04/12/2025 19:53 Última actualización 04/12/2025 20:16

Despois de tomarlle declaración durante máis de seis horas, a xuíza descartou enviar a prisión provisional o anestesista da clínica dental de Alzira, tal e como pedía a Fiscalía.

Non ve que haxa risco de fuxida e tampouco atopa, polo momento, suficientes indicios para determinar que a morte da nena de seis anos se poida atribuír exclusivamente a unha imprudencia do facultativo.

Así e todo retiroulle o pasaporte e manteno investigado por delitos de homicidio por imprudencia profesional, lesións, omisión de socorro e furto, porque se descubriu que roubaba os analxésicos dun centro hospitalario.

A xuíza vai continuar coas dilixencias. Pediu a historia clínica da nena falecida e da que tivo que ser hospitalizada e tamén os resultados das analíticas que se lles fixeron

A policía tamén detivo a propietaria da clínica dental, que está aínda pendente de declarar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade