Publicador de contidos

Publicador de contidos

Bota a andar o xuízo polo crime do carniceiro da praza de Santiago este luns

Bota a andar o xuízo polo crime do carniceiro da praza de Santiago este luns

Comeza na Audiencia Provincial a vista oral pola morte a golpes do vendedor en novembro de 2024

Está previsto que se prolongue durante toda a semana coa decaracion de 23 testemuñas e peritos

Os dous acusados enfróntanse a 16 anos de prisión cada un por homicidio e por lesións ao vixilante

G24.gal 25/01/2026 18:38 Última actualización 25/01/2026 19:10

O xuízo pola morte de Antonio Costa bota a andar este luns na sede compostelá da Audiencia Provincial da Coruña. Os dous acusados enfróntanse a 14 anos de cárcere cada un por un delito de homicidio, e outros dous por un delito de lesións ao vixilante.

Os feitos remóntanse á madrugada do 12 de novembro de 2024 cando a vítima se dispoñía a abrir a súa carnicería na praza de Abastos de Santiago.

O testemuño con máis valor, no que se apoia o fiscal, é o do garda de seguridade do mercado que tamén resultou ferido cando quixo axudar a vítima. 

Segundo o seu relato, Antonio encarouse cos seus agresores fóra do recinto, pero a pelexa seguiu dentro, onde forcexaron. O carniceiro colleu un cepillo con pau, supostamente para se defender, pero todo virou na súa contra. 

Carlos Yépez golpeouno con forza e tirouno ao chan. Cando o tiña inmobilizado, o seu compañeiro, Kevin Guillén, deulle alomenos dous golpes coa barra de ferro do cepillo que foron fatais.

Serán os integrantes do xurado popular os que determinen a responsabilidade dos dous acusados na morte de Antonio Costa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade