Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ábalos, Koldo e Aldama declararán o 28 de abril no Supremo no xuízo das máscaras

Ábalos, Koldo e Aldama declararán o 28 de abril no Supremo no xuízo das máscaras

A vista comezará o 7 de abril e rematará o 30 dese mesmo mes 

Están acusados dos presuntos delitos de suborno, tráfico de influencias, malversación de fondos públicos, integración en organización criminal, uso de información privilexiada, falsidade e prevaricación.

O empresario Víctor de Aldama e o exministro José Luis Ábalos no Tribunal Supremo. Europa Press (Arquivo) O empresario Víctor de Aldama e o exministro José Luis Ábalos no Tribunal Supremo. Europa Press (Arquivo)
G24.gal 09/03/2026 18:21

O Tribunal Supremo (TS) fixou para o 28 de abril o interrogatorio como acusados do exministro de Transportes José Luis Ábalos, do seu exasesor Koldo García e do empresario Víctor de Aldama no xuízo polas presuntas irregularidades na compra de máscaras durante a pandemia.

A vista comezará o 7 de abril ás 10.00 horas e rematará, segundo o previsto, o día 30 dese mesmo mes, cando se practique a proba documental e as partes presenten os seus informes finais.

A Sala do Penal suspendeu a sinalización prevista para o 16 de abril por "motivos institucionais", polo tanto, o xuízo durará un total de 13 sesións.

Máis de 75 testemuñas 

Polo Salón de Plenos do Supremo pasarán máis de 75 testemuñas neste xuízo, comezando o primeiro día co fillo do exministro, o irmán de Koldo ou un socio de Aldama, entre outros.

Ademais, o tribunal escoitará a partir das 15.30 horas do 22 de abril o ministro de Política Territorial e Memoria Democrática, Ángel Víctor Torres, e a presidenta do Congreso, Francina Armengol, que eran durante a pandemia presidentes de Canarias e Baleares, respectivamente, gobernos autonómicos que adxudicaron contratos á empresa epicentro da presunta trama.

Tamén figuran na lista de testemuñas aceptadas a presidenta do Tribunal de Contas, Enriqueta Chicano; a expresidenta do Adif Isabel Pardo de Vera, investigada na Audiencia Nacional polo caso Koldo; o exsecretario de Estado de Interior Rafael Pérez; o director xeral da Policía Francisco Pardo Piqueras; o exxerente do PSOE Mariano Moreno, así como exjefes de gabinete, expresidentes de Renfe, Correos e Portos do Estado, e empresarios, familiares e achegados dos acusados.

Para o Supremo este xuízo é "prioritario", xa que se trata dunha causa con preso. Tanto Ábalos como Koldo García atópanse no cárcere desde o pasado mes de novembro ante o risco de fuga apreciado polo instrutor.

A Sala do Penal sentará no banco dos acusados o exministro de Transportes José Luis Ábalos, o seu exasesor Koldo García e o empresarioo Víctor de Aldama por presuntos delitos de suborno, tráfico de influencias, malversación de fondos públicos, integración en organización criminal, uso e aproveitamento de información privilexiada, falsidade e prevaricación.

Fiscalía pide 24 anos de prisión para o exministro José Luis Ábalos 

Fiscalía Anticorrupción pide 24 anos de prisión para José Luis Ábalos, 19 e medio para Koldo García e 7 para Víctor de Aldama, que recoñeceu a acusación.

Pola súa banda, as acusacións populares, lideradas polo PP, reclaman 30 anos de cárcere para o exministro e o seu exasesor, mentres que para o empresario solicitan a mesma pena que o fiscal.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade