Rompéronlle o parabrisas do coche cun sacho en Boiro
O vehículo estaba estacionado nun camiño en que está prohibido estacionar e nunha zona transitada
O propietario denunciou os feitos ante a Garda Civil da localidade, que investiga os feitos
Co sacho espetado no parabrisas, e o cristal totalmente esnaquizado atopaba o propietario o coche que deixara estacionado a poucos metros da casa, na localidade coruñesa de Boiro.
O vehículo atopábase nun camiño próximo á rúa Salvador Allende, un lugar no que está prohibido aparcar e nunha zona de locais de ocio nocturno. O afectado presentou denuncia este luns ante a Garda Civil.
"Eu non creo que fora por problemas de aparcamento".
"Teñen a zona esa para estacionar de terra, non hai problema".
A veciñanza recibiu a noticia con sorpresa; aseguran que a convivencia é tranquila nesta zona.
"Non creo que ninguén faga iso por aquí, salvo que sexan motivos privados".
"Soprendeume a noticia nesta zona".
A investigación permanece aberta e, segundo fonte próximas, barállase a hipótese dun axuste de contas por débedas pendentes.