Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha condutora quedou ferida ao chocar contra un poste de formigón en Bergondo

Unha condutora quedou ferida ao chocar contra un poste de formigón en Bergondo

O vehículo saíu da vía e chocou contra un poste de formigón e co terraplén do frontal dunha vivenda

G24.gal 04/09/2025 13:08

Unha muller resultou ferida este xoves, día 4, nun accidente de tráfico ocorrido na parroquia de Lubre, en Bergondo.

O vehículo saíu da vía e chocou contra un poste de formigón e o terraplén do frontal dunha vivenda.

Segundo informa o Concello, o sinistro produciuse arredor das 8:00 horas na DP-0812, á altura da nave da empresa Intega. A condutora, engade, quedou ferida e foi trasladada ao Complexo hospitalario universitario da Coruña (CHUAC).

O dispositivo de emerxencias, engade, estivo formado por Protección Civil de Bergondo, Policía Local deste municipio, Policía Local de Sada, 061, Garda Civil e bombeiros do Consorcio Provincial do parque de Betanzos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade