Publicador de contidos

Publicador de contidos

Comisados máis de 5.000 litros en gasóleo bonificado para uso fraudulento no porto exterior da Coruña

Comisados máis de 5.000 litros en gasóleo bonificado para uso fraudulento no porto exterior da Coruña

O gasóleo, que se distingue pola súa cor vermella, estaba a ser utilizado de forma fraudulenta nun vehículo de obra matriculado, un uso non permitido pola lexislación

Garda Civil/Ministerio do Interior Garda Civil/Ministerio do Interior
G24.gal 04/09/2025 10:02

A Garda Civil, a través do Destacamento Fiscal e de Fronteiras do Porto da Coruña, en colaboración co Departamento de Aduanas e Impostos Especiais da Axencia Tributaria, levou a cabo unha serie de intervencións que resultaron na aprehensión dun total de 5.600 litros de gasóleo bonificado polo seu uso indebido en vehículos de obra no porto exterior de Punta Lagosteira, en Arteixo. 

Segundo explican nun comunicado, as actuacións iniciáronse por mor dunha inspección en que se localizou un depósito que contiña 1.900 litros deste combustible, destinado a un uso fiscalmente bonificado.

O gasóleo, que se distingue pola súa cor vermella, estaba a ser utilizado de forma fraudulenta nun vehículo de obra matriculado, un uso non permitido pola lexislación.

Como resultado destas inspeccións, formuláronse múltiples denuncias por infracción da Lei de Impostos Especiais, que regula o uso deste tipo de carburantes, e a Lei de Industria, polas irregularidades detectadas nos depósitos de combustible.

As actas e as mostras do combustible comisado foron postas á disposición do Departamento de Aduanas e Impostos Especiais da Coruña para a tramitación das correspondentes sancións.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade