Publicador de contidos

Publicador de contidos

O accidente dun avión privado deixa varios mortos nos Estados Unidos

O accidente dun avión privado deixa varios mortos nos Estados Unidos

O aparello esnafrouse durante a manobra de aterraxe nun aeroporto de Statesville, en Carolina do Norte

G24.gal 18/12/2025 19:44 Última actualización 18/12/2025 21:47

Varias persoas morreron este xoves no accidente dun avión no Aeroporto Rexional de Statesville, no condado de Iredell, en Carolina do Norte.

Por causas que se investigan, a aeronave esnafrouse cando estaba a aterrar.

O avión accidentado é un Cessna C550 pertencente a Greg Biffle, expiloto de coches de carreiras.

As autoridades non confirmaron se Biffle se atopaba a bordo no momento do sinistro.

Tampouco precisaron cantas persoas viaxaban no avión nin se houbo sobreviventes.

Biffle é coñecido tamén por participar en centos de misións de rescate en helicóptero no oeste de Carolina do Norte tras o paso do furacán Helene en 2024.

Imaxes difundidas desde o aeroporto mostran a aeronave envolta nunha gran bola de lume tras o impacto.

Os equipos de emerxencia desprazáronse de inmediato ata o lugar do accidente.

A zona permanece acordoada mentres continúan os traballos de investigación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos