Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un accidente con seis vehículos implicados en Boiro deixa catro persoas feridas

Un accidente con seis vehículos implicados en Boiro deixa catro persoas feridas

O sinistro produciuse á altura do quilómetro 28 da autovía AG-11, en Lampón, sobre as 08:15 horas deste martes

No incidente mobilizáronse o Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia (061), os Bombeiros de Boiro, os axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local e os efectivos de Protección Civil

Vehículos afectados no quilómetro 28 da AG-11 (Bombeiros de Boiro) Vehículos afectados no quilómetro 28 da AG-11 (Bombeiros de Boiro)
G24.gal 16/12/2025 09:42

Catro persoas foron trasladadas polos servizos sanitarios tras rexistrarse un accidente con seis vehículos implicados na autovía AG-11, ao seu paso pola localidade coruñesa de Boiro.

Segundo detallou o 112 Galicia, o sinistro produciuse á altura do quilómetro 28 desta vía, en Lampón, sobre as 08:15 horas deste martes.

Nese momento, un particular contactou coa central de emerxencias para informar dun vehículo que se saíu da vía e chocou contra a mediana.

Poucos minutos despois, varias persoas alertaron de que, como consecuencia deste primeiro sinistro, outros vehículos chocaron contra o coche accidentado.

Con estes datos, os xestores da sala de operacións do 112 Galicia deron aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia (061), aos Bombeiros de Boiro, aos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local, así como aos efectivos de Protección Civil.

Tal e como trasladaron os equipos desprazados ao lugar, finalmente foron seis os vehículos implicados e catro persoas resultaron feridas, sendo trasladadas ao centro hospitalario de referencia con diversas consideracións clínicas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade