Publicador de contidos

Publicador de contidos

O coronel Pedro Merino Castro, novo xefe da UCO da Garda Civil

O coronel Pedro Merino Castro, novo xefe da UCO da Garda Civil

O novo xefe da UCO xa traballou nesta unidade, ademais de formar parte da seguridade de Casa Real, do Departamento de Seguridade Nacional, da Unidade Técnica de Policía Xudicial, da Xefatura do Estado Maior da Dirección Xeral da Garda Civil e de ser xefe da Comandancia de Salamanca

Imaxe de arquivo do coronel Pedro Merino Castro en 2022 (JMGARCIA/EFE) Imaxe de arquivo do coronel Pedro Merino Castro en 2022 (JMGARCIA/EFE)
G24.gal 16/12/2025 12:08

O Ministerio do Interior nomeou ao coronel Pedro Merino Castro novo xefe da Unidade Central Operativa (UCO), informaron a EFE fontes do instituto armado.

O novo xefe da UCO xa traballou nesta unidade, ademais de formar parte da seguridade de Casa Real, do Departamento de Seguridade Nacional, da Unidade Técnica de Policía Xudicial, da Xefatura do Estado Maior da Dirección Xeral da Garda Civil e de ser xefe da Comandancia de Salamanca.

Merino Castro, proposto pola directora do corpo, Mercedes González, toma a substitución Rafael Yuste tras o seu ascenso a xeneral de brigada.

Yuste dirixiu a UCO de desde xuño de 2023, unha etapa marcada polas investigacións desa unidade como as do caso Koldo ou o de Begoña Gómez, a muller do presidente do Goberno.

A UCO tamén segue actualmente a investigación sobre unha presunta trama de corrupción con mordidas de contratos na deputación de Almería e estivo detrás das pescudas ordenadas polo Tribunal Supremo arredor do xa exfiscal xeral do Estado Álvaro García Ortiz, xulgado hai un mes e que foi condenado por revelación de datos reservados.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade