Publicador de contidos

Publicador de contidos

O delegado do Goberno confirma que o alixo de cocaína da Pobra é de 3.600 quilos

O delegado do Goberno confirma que o alixo de cocaína da Pobra é de 3.600 quilos

Os tres detidos pasaron xa a disposición xudicial en nos xulgados de Muros

A operación continúa aberta

A droga entrou en Galicia a través dun narcosubmarino

Imaxe do paso a disposición xudicial dos detidos este martes en Muros
G24.gal 16/09/2025 13:18

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, confirmou este martes que se comisaron 3.600 quilos de cocaína a pasada fin de semana nunha operación antidroga que se desenvolveu no municipio coruñés da Pobra do Caramiñal e que continúa aberta.

Nunha comparecencia ante os medios de comunicación en Vigo, Blanco mostrouse cauto sobre esta intervención policial que supuxo a detención de tres persoas. Todos eles pasaben este martes a disposición xudicial nos xulgados de Muros.

Ademais de confirmar o número de detidos, indicou que se incautaron 3.600 quilos de cocaína e que a investigación non concluíu.

Por iso avogou por ser "coidadoso" cos datos e non revelou se a droga foi trasladada nun narcosubmarino xa que aínda están a tentar localizar o medio de transporte que utilizaron os narcotraficantes.

O delegado do Goberno agradeceu o labor das forzas de seguridade do Estado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade