Publicador de contidos

Publicador de contidos

Espetan unha furgoneta contra un escaparate para roubar nunha tenda de lambetadas da Coruña

Espetan unha furgoneta contra un escaparate para roubar nunha tenda de lambetadas da Coruña

Os ladróns fixéronse con 130 euros e 30 quilos de gominolas

É a segunda vez en menos de seis meses que rouban neste establecemento situado no polígono da Grela

G24.gal 16/09/2025 13:38

As imaxes captadas polas cámaras de seguridade amosan o momento en que os ladróns meten unha furgoneta de repartición, presuntamente roubada, nunha nave de lambetadas. As cámaras tamén gravaron o intre en que dous homes van á procura da caixa rexistradora e das bolsas de gominolas.

"Bateu primeiro contra unha esquina e despois entrou de cu. E bateu contra o escaparate e entrou no establecemento. Levaron a caixa, co pouco cambio que tiñamos e algúns paquetes de gominolas. 20 ou 30 bolsas, serán uns 200 ou 300 euros", explica Simón Val, xerente de Candy Cash.

Máis 130 euros que había na caixa rexistradora. Porén os estragos que deixaron son de varios miles de euros.

Os propietarios foron alertados contra a unha desta mañá pasada tanto pola policía como pola seguridade que teñen neste polígono da Grela. 

"Temos unha alarma. Pero a seguridade do polígono está continuamente dando voltas polo polígono", di Simón.

Pero este non é o primeiro asalto que sofren. O anterior, hai menos de seis meses.

"Foi parecido, pero non entraron por aquí, entraron pola porta e apenas levaron nada. Levaron a caixa e pouco máis", lembra o xerente do negocio.

Á media mañá, a Policía Científica traballaba na recollida de pegadas para poder dar coa identidade dos delincuentes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade