Publicador de contidos

Publicador de contidos

As matriculacións en Galicia medran un 20,9 % en agosto

As matriculacións en Galicia medran un 20,9 % en agosto

A comunidade sumou 2.171 turismos e todo terreos novos, con crecementos destacados en Lugo e A Coruña

No acumulado do ano, o incremento é do 5,7 %, por debaixo da media estatal

G24.gal 01/09/2025 18:17

Galicia rexistrou en agosto 2.171 matriculacións de turismos e todo terreos novos, un 20,9 % máis que no mesmo mes de 2024. O dato supera a media estatal, situada no 17,2 %, segundo as patronais Anfac, Faconauto, Ancove e Ganvam.

Galicia foi a oitava comunidade autónoma con maior crecemento.

Das matriculacións de agosto, 443 foron de gasolina, 97 de diésel e 1.631 doutros combustibles, incluíndo eléctricos puros, eléctricos de autonomía estendida, híbridos enchufables e non enchufables e propulsados a hidróxeno.

A Coruña liderou o rexistro con 978 turismos, un 28,52 % máis que en agosto de 2024. Pontevedra matriculou 681, cun incremento do 12,75 %. En Lugo contabilizáronse 275, o que supón un crecemento do 31,58 %, e en Ourense 237, cun aumento do 7,24 %.

Entre xaneiro e agosto, Galicia sumou 18.819 matriculacións, un 5,7 % máis que no mesmo período de 2024. O dato queda por debaixo da media estatal, que medrou un 14,6 % no mesmo período.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade