Un accidente múltiple provoca retencións de dous quilómetros na AP-9 na Coruña
O sinistro produciuse á altura do Burgo (Culleredo) en dirección Santiago, con cinco vehículos implicados e varios feridos

Completamente desfeitos e un envorcado, así quedaron varios dos 7 vehículos implicados neste accidente da autoestrada AP-9, dirección saída da Coruña, rexistrado contra as nove da mañá. "O sol estaba moi baixo e xa non víamos nada. Nese intre sentimos un golpe diante e xa lle dixen ao meu compañeiro que frease". "Eu logrei esquivar o coche de diante, pero o de atrás xa me deu a min"."As normas recomendan que a distancia de seguridade, en caso de pouca visibilidade, hai que aumentala. E está claro que non foi así", explic un Garda Civil de Tráfico desprazado á zona.
Ao lugar desprazáronse tres ambulancias do 061 para atender os feridos. Un deles tivo que ser evacuado. "Tiña dor nas costas, polo demais estaba ben. Podía falar e estaba consciente", explica o copiloto dun dos sete vehiculos implicados.
O accidente obrigou a cortar estes dous carrís, dirección Santiago, polo que houbo retencións quilométricas. "Tivemos que desviar a circulación pola área de servizo do Burgo e, en canto retiren os coches, xa quedará este treito da autoestrada aberto", engade o axente.
Contra as doce e cuarto da mañá, o tráfico xa quedou completamente restablecido.