Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un exmembro das Testemuñas de Xehová, condenado a 13 anos de cárcere por agredir sexualmente dúas menores

Un exmembro das Testemuñas de Xehová, condenado a 13 anos de cárcere por agredir sexualmente dúas menores

A Audiencia de Pontevedra considera probados tres delitos de agresión sexual contra dúas menores de 15 anos e dá plena credibilidade aos seus testemuños 

Europa Press Europa Press
G24.gal 18/06/2026 19:58

A Audiencia de Pontevedra condenou a 13 anos e medio de cárcere un home por tres delitos de agresión sexual cometidos contra dúas menores de 15 anos e Vigo. 

A sentenza considera probado que realizou tocamentos a unha das vítimas e que, en abril de 2023, levou as dúas mozas a unha zona apartada dun aparcadoiro da cidade, onde cometeu varias agresións sexuais. Días despois produciuse un novo episodio cunha delas no aparcadoiro do Hospital Álvaro Cunqueiro. 

O tribunal outorga plena credibilidadde ao relato das menores, que considera corroborado por mensaxes de WhatsApp , informes forenses e outras probas. O acusado negou os feitos durante o xuízo, pero a Audiencia conclúe que existe proba suficiente para desvirtuar a súa presunción de inocencia. 

Ademais da pena de prisión, impón ao condenado indemizacións de 4.000 e 10.000 euros para as vítimas, así como medidas de afastamento, prohibición de comunicación e varios anos de liberdade vixiada. A sentenza non é firme e pode ser recorrida ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade