Publicador de contidos

Publicador de contidos

Acepta 15 anos de cárcere por agredir e ameazar de morte a súa parella na Coruña

Acepta 15 anos de cárcere por agredir e ameazar de morte a súa parella na Coruña

O home foi condenado por nove delitos nun contexto de "dinámica habitual" de malos tratos

Non poderá achegarse á súa vítima durante 53 anos

Audiencia Provincial da Coruña (Arquivo) Audiencia Provincial da Coruña (Arquivo)
G24.gal 15/06/2026 12:53

O home acusado de nove delitos contra a súa exparella á que, segundo o escrito do Ministerio Público, agredía como "dinámica habitual" e ameazou de morte en varias ocasións na Coruña, aceptou 15 anos e catro días de prisión.

Foi no xuízo fixado para este luns na Audiencia Provincial da Coruña tras un acordo entre Fiscalía, defensa e acusación particular para rebaixar a súa condena por coaccions, vexacións continuadas, ameazas graves, violencia de xénero en presenza dun menor e malos tratos habituais no domicilio familiar.

En total, deberá cumprir 15 anos e catro días de prisión. Ademais, o tribunal impúxolle a inhabilitación da patria potestade durante un total de 10 anos e terá prohibido aproximarse a menos de 500 metros á súa vítima durante 53 anos.

Segundo consta no escrito fiscal, o condenado e a denunciante -ambos de nacionalidade cubana- mantiveron unha relación sentimental durante dous anos e teñen unha filla en común. No momento da detención, a relación terminara había un ano e catro meses.

Segundo a Fiscalía, durante todo o tempo que viviron xuntos o home exerceu "un control absoluto" sobre ela, accedía ao seu terminal telefónico "sen consentimento" e mantíñaa nun clima de temor e submisión permanente no interior do fogar familiar.

Durante a relación, "converteu as agresións físicas en dinámica habitual" e chegou a atacala con un cúter no rostro, causándolle diversas lesións.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade