Publicador de contidos

Publicador de contidos

Viana do Bolo pide que se avalíe a declaración de zona catastrófica polos danos das treboadas

Viana do Bolo pide que se avalíe a declaración de zona catastrófica polos danos das treboadas

Varias aldeas quedaron incomunicadas durante horas e os danos materiais son incalculables

G24.gal 18/06/2026 21:47

O Concello de Viana do Bolo pide que se avalíe a declaración de zona catastrófica nos núcleos de poboación máis afectados polas treboadas da pasada tarde.

Os danos materiais son incalculables: as chuvias torrenciais arrasaron edificacións, estradas e deixaron aldeas incomunicadas durante horas.

A aldea de Bouza é a zona cero da catástrofe.

24 horas despois, os veciños non dan creto á destrución que causou a treboada, que durou pouco máis de quince minutos.

Din que chovía de maneira torrencial.

A forza da auga, que arrastrou pedras e árbores, levou por diante media ducia de edificacións: palleiras, adegas, o forno comunal... e causou danos importantes en vivendas.

Tamén viviron momentos de pánico os 15 veciños da aldea de Pradocabalos.

O río Camba desbordouse e levou por diante todo ao seu paso.

A treboada causou estragos na rede viaria do concello de Viana.

Varias aldeas quedaron incomunicadas durante horas.

Medios do Concello e da Deputación traballar nos labores de limpeza canda os veciños.

A destrución é tal que levará moito tempo volver á normalidade. Agora toca facer balance dos danos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade