Publicador de contidos

Publicador de contidos

Activo un incendio na Gudiña e baixo control o de Rodeiro, tras queimar 29 hectáreas

Activo un incendio na Gudiña e baixo control o de Rodeiro, tras queimar 29 hectáreas

Cinco axentes, dez brigadas, sete motobombas e unha pa traballan no foco rexistrado no municipio ourensán da Gudiña

Arquivo Arquivo
G24.gal 13/10/2025 09:29

A Consellería do Medio Rural dá por controlado o incendio declarado este domingo no municipio pontevedrés de Rodeiro.  Iniciouse ás 14:26 horas do domingo e, segundo as últimas estimacións, afecta a unha superficie de 29 hectáreas. Para a súa extinción mobilizáronse dous técnicos, sete axentes, 16 brigadas, 10 motobombas, dúas pas, seis helicópteros e seis avións.

Ademais, os efectivos de extinción traballan desde o domingo á tarde noutro foco, situado no municipio ourensán da Gudiña, na parroquia de Parada da Serra.

Iniciouse este domingo ás 19:45 e, segundo as últimas estimacións, afecta a unha superficie dunhas 20 hectáreas. Para a súa extinción mobilizáronse cinco axentes, dez brigadas, sete motobombas e unha pa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade