Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un incendio forestal en Bóveda, moi preto da cidade de Lugo, calcina xa 12 hectáreas

Un incendio forestal en Bóveda, moi preto da cidade de Lugo, calcina xa 12 hectáreas

O lume iniciábase contra as cinco da tarde nunha zona con moita chatarra

O fume negro é visible desde diferentes puntos da cidade e causou alarma entre os cidadáns debido á súa proximidade

Controlado o incendio de Ponteareas tras queimar unhas 70 hectáreas

Imaxes do incendio no lugar de Carqueixo, parroquia luguesa de Bóveda Imaxes do incendio no lugar de Carqueixo, parroquia luguesa de Bóveda
G24.gal 19/08/2026 20:55 Última actualización 19/08/2026 21:50

Un helicóptero e dous avións participan desde a tarde do mércores na extinción dun incendio forestal declarado preto da cidade de Lugo, concretamente na parroquia de Bóveda.

O lume iniciábase contra as cinco da tarde nunha zona con moita chatarra e leva xa calcinadas 12 hectáreas. Foi necesaria a intervención de dous helicópteros e dous avións, que xa se retiraron da zona. 

Alén dos medios aéreos, na tarefas de extinción están a traballar dous axentes, sete brigadas, cinco motobombas e unha pa.

O fume negro é visible desde diferentes puntos da cidade e causou alarma entre os cidadáns debido á súa proximidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade