Patrimonio perdido: como era a Casa de Baños do Outeiro, en Ourense, en 1997
O establecemento pechou en 2012 e caeu no abandono e na ruína
Cando non había baños nas casas, a clientela ía unha ou dúas veces por semana
Un baño de media hora custaba 400 pesetas en 1997
A Casa de Baños do Outeiro en Ourense estaba en pleno funcionamento en 1997, quince anos antes de pechar e caer no abandono. A fachada modernista de 1880 estaba deseñada polo arquitecto ourensán Daniel Vázquez Gulías, o mesmo do Gran Hotel da Toxa.
Foi un fito na hixiene da cidade desde 1857 e tiña protección como Ben de Interese Cultural. Por eso, a Asociación de Defensa do Patrimonio Cultural Galego pide explicacións trala recente demolición.
Un BIC non se pode destruír nin abandonar coma neste caso. A laei non o permite así que llepedimos unha investigacións á Fiscalía Provincial, explica Carlos Henrique Fernández-Coto, presidente de APATRIGAL.
Tres mananciais sulfurosos alimentaban os baños públicos, con temperaturas entre os 25 e os 45 graos. O progreso trouxo bañeiras de mármore e grifería de bronce para os baños particulares en 1938. Chegou ter once bañeiras, dúas duchas e un chorro, a maiores de lavadeiros de roupa. Non queda nada.
Está totalmente derrubado e os elementos do interior son cascallos.
Cando non había baños nas casas, o habitual era ir unha ou dúas veces por semana, sobre todo, os reumáticos. A clientela era variada, uns de toda a vida, outros xente de paso pero tamén deportistas tralas competicións. En 1997, pagaban 400 pesetas por un baño de media hora ou un chorro, 100 máis por unha toalla e 25 polo xabrón. Estaban tan a gusto que a algún había que apresuralo.