Publicador de contidos

Publicador de contidos

Polémica en Vilasantar polas obras de restauración do santuario da Nosa Señora da Laxe

Polémica en Vilasantar polas obras de restauración do santuario da Nosa Señora da Laxe

Veciños de Vilasantar ao pé do Santuario da Nosa Señora da Laxe, cuberto cunha lona polas obras de restauración
G24.gal 30/09/2026 14:01

O santuario da Nosa Señora da Laxe está situado na parroquia de San Martiño de Armental en Vilasantar. Data do século XVI e foi un importante centro de peregrinación. Pero co paso do tempo a humidade foi deteriorándoo.

A Consellería de Cultura adxudicou no mes de maio un proxecto de restauración cun orzamento de máis de 256 mil euros que comprende a mellora da inpermeabilización, o campanario e outras actuacións. Pero o avance das obras caeu como xarra de auga fría para os fregueses, cando viron que recebaban as fachadas laterais, ocultando a pedra en vez de encintala. Séntense enganados e decepcionados.

Non entenden o cambio de criterio dos técnicos porque na rehabilitación do albergue anexo e mesmo na dunha vivenda enfronte esixiron que se respectase a pedra e o encintado.

Aseguran que ata o párroco, que ten 94 anos está moi desgustado.

Desde a Consellería de Cultura argumentan que a intervención se axusta ao proxecto de execución e que obedece a criterios do persoal técnico da Dirección Xeral de Patrimonio. Pero os fregueses téñeno claro, preferirían que deixaran a igrexa como estaba antes de facer o que están facendo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade