Cargando resultados...
Dous detidos na Coruña tras unha lea por ocupar o mesmo baixo fóra de uso
Os veciños da Agra do Orzán piden máis vixilancia para evitar as ocupacións, que din que se repiten a diario
G24.gal
30/09/2026 14:45
Última actualización 30/09/2026 15:19
Os intentos de ocupación son situacións habituais en barrios como A Agra do Orzán, na Coruña. No último caso, houbo ademais unha lea entre varias persoas por instalarse nun mesmo baixo comercial fóra de uso. A policía detivo dúas persoas.
Os veciños piden medidas para que situacións coma estas se volvan producir. Hai quen marcha. É o caso de Elena. Hai 10 anos que rexenta una peixería no barrio.
"Cámbiome polo que se está vivindo aquí. A xente vén asustada. Se non te leva por diante un patinete, lévanche o bolso. Non pode ser".
E reclaman que se tomen medidas cos locais en desuso que xeran moita conflitividade na zona.