Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os aeroportos galegos recuperan rutas e amplían destinos ás portas do próximo Xacobeo

Os aeroportos galegos recuperan rutas e amplían destinos ás portas do próximo Xacobeo

Haberá, por primeira vez, voos directos desde Santiago a Praga, Venecia e Varsovia

G24.gal 19/08/2026 21:10 Última actualización 19/08/2026 21:20

Tras un inverno crítico, a oferta dos tres aeroportos galegos multiplica rutas e conexións e amplía o mapa internacional de destinos.

No caso do Rosalía de Castro, é clave a incorporación de dúas novas compañías aéreas, unha xa operativa e a outra a partir de decembro. Os destinos internacionais amplíanse a 17. Por primeira vez, haberá voos regulares a Venecia, Varsovia ou Praga, e manteranse rutas clásicas coma as de Bruxelas, Londres, Roma ou París.

A conexión intercontinental con Nova York está prevista, de momento, ata finais de setembro. A de Marrakech, a primeira que conecta Santiago con África, ata outubro. 

A finais de ano, ás portas do Xacobeo, incorporaranse voos directos a destinos nacionais como Granada, Alacant ou Zaragoza.

Outros, como Madrid e Barcelona están actualmente na parrilla dos tres aeroportos galegos, con distintas frecuencias e horarios, igual que as Illas Canarias. Desde Vigo pódese voar tamén ás Baleares, a Palma de Mallorca.

O de Peinador é agora mesmo o único aeroporto galego sen voos internacionais. Desde o coruñés de Alvedro pódese viaxar a Milán e a Xenebra. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade