Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un home mata a seu cuñado, fere a súa irmá e suicídase en Granada

Un home mata a seu cuñado, fere a súa irmá e suicídase en Granada

O home disparou cunha escopeta a súa irmá e a seu cuñado para logo dispararse a si mesmo

Os motivos que o levaron a cometer este acto seguen sendo descoñecidos

G24.gal 19/08/2025 11:48

Un home de 60 anos rematou coa súa vida logo de asasinar a seu cuñado dun disparo e ferir gravemente a súa irmá coa arma en Arenas del Rey, en Granada.

Segundo a Garda Civil, os feitos sucederon logo das 23:00 horas do luns nunha vivenda da rúa Obispo Hurtado de Arenas del Rey, onde hai cerca de 600 veciños.

As mesmas fontes aseguraron que o home disparou cunha escopeta de caza contra súa irmá, ferida grave, e seu cuñado, outro home de 63 anos que faleceu no acto.

Finalmente, o home, tras utilizar a arma dúas veces, deulle un terceiro uso para rematar coa súa vida. Os motivos do ataque seguen sendo unha incógnita.

A Policía Xudicial asumiu o cargo de investigar os feitos, dos que alertaron varios veciños ao 112.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade