Publicador de contidos

Publicador de contidos

Nove anos do asasinato de Diana Quer

Nove anos do asasinato de Diana Quer

A nai e o pai de Diana Quer compartiron emotivos recordos nas redes sociais

O Chicle cumpre a condena de prisión permanente revisable en León

Fai nove anos da morte violenta da moza madrileña
G24.gal 22/08/2025 14:38 Última actualización 22/08/2025 14:48

"Hoxe chega outra vez ese día que me pesa na alma", escribe a nai de Diana Quer. O pai manda bicos ao ceo.

Fai nove anos da morte violenta da moza madrileña. O autor do crime, José Enrique Abuín Gey, o Chicle, está na prisión de Villahierro, en León. A lei permitiríalle solicitar saídas temporais dende finais deste ano, pero non parece posible.

En 2020 o Tribunal Supremo ratificoulle a pena de prisión permanente revisable polo asasinato, cometido para ocultar un delito previo contra a liberdade sexual, sumados a catro anos por detención ilegal e agresión sexual, coa atenuante de confesión.

Abuín dera antes moitas voltas na súa versión dos feitos que conduciron á morte da rapaza de 18 anos. Detivérano logo da denuncia doutra moza que dixo que a intentara meter no maleteiro do seu coche, en Boiro, no Nadal de 2017.

Por Noitevella, o Chicle confesou que ocultara o cadáver de Diana Quer nunha nave abandonada de Rianxo.

Pasaran 497 días de procura. Xornadas pragadas de hipóteses cos diferentes achados da investigación e entre as declaracións duns pais divorciados con outra filla en común, Valeria.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade