Publicador de contidos

Publicador de contidos

Prisión provisional, comunicada e sen fianza para o matricida de Ponteareas

Prisión provisional, comunicada e sen fianza para o matricida de Ponteareas

O detido está investigado por un suposto delito de homicidio

G24.gal 15/09/2026 14:46

A xuíza da praza 3 da Sección de Instrución do Tribunal de Instancia de Ponteareas, en funcións de garda, decretou este martes o ingreso en prisión provisional, comunicada e sen fianza, do home detido o pasado domingo por presuntamente asasinar a súa nai, de 81 anos.

O detido está investigado por homicidio, segundo fontes do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).

Os feitos ocorreron o domingo a primeira hora da tarde, sobre as 14:30, segundo fontes da Garda Civil, cando o detido, un home de 60 anos, matou presuntamente a súa nai con arma branca.

O presunto autor do crime foi detido despois de que confesara o ocorrido estando internado no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.

O cadáver presentaba varias feridas provocadas por unha arma branca e a investigación deberá determinar agora as circunstancias exactas en que se produciu a morte, á espera dos resultados da autopsia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade