Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un dos sospeitosos do asasinato de Matilde Muñoz en Indonesia traballaba no hotel onde se aloxaba

Un dos sospeitosos do asasinato de Matilde Muñoz en Indonesia traballaba no hotel onde se aloxaba

A policía asegura que a investigación aberta para esclarecer o asasinato da turista ferrolá non fixo máis que comezar

Detidos dous homes que confesaron planear o asasinato de Matilde Muñoz

G24.gal 01/09/2025 09:05

A Policía de Indonesia asegura que a investigación polo crime da turista española Matilde Muñoz continúa e non fixo máis que comezar. Confirma que un dos sospeitosos do seu suposto asasinato premeditado foi un traballador do hotel onde se aloxaba na illa de Lombok.

“A investigación está en curso”, dixo o xefe de Policía encargado do caso.

Segundo explicou, o presunto asasinato de Muñoz ocorreu a madrugada do 2 de xullo no seu cuarto do hotel Bumi Aditya, na zona de Senggigi, ao oeste da illa.

Non se agarda que se revelen este luns os resultados da autopsia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade