Publicador de contidos

Publicador de contidos

En Cabral celebran unha festa tradicional para desgustar a broa e para amosar os produtos das hortas

En Cabral celebran unha festa tradicional para desgustar a broa e para amosar os produtos das hortas

Dende hai 37 anos a parroquia de Cabral celebra unha romaría en que os protagonistas son a broa e os mellores produtos das hortas dos veciños

Venden a broa con noces, con pasas e empanada de fariña de millo
G24.gal 31/08/2025 22:33 Última actualización 31/08/2025 22:47

Dende hai 37 anos a parroquia viguesa de Cabral celebra unha romaría de fin de verán en que os protagonistas son a broa e os mellores produtos das hortas dos veciños.

Este pequeno barrio a uns minutos do centro Vigo mantén e traballa aínda moitos hortos e cultivos de millo, como facían nos anos oitenta cando comezou a celebrarse esta festa gastronómica.

A uns trescentos metros de altura, no parque forestal de Becerreira son devotos da terra. Desde 1986 a parroquia de Cabral celebra esta exaltación do pan de millo. Aquí, no medio do monte, pero ao tempo pegados ao asfalto de Vigo, sempre existiu unha comunidade rural que cultivaba o millo.

"Cabral está a dous pasos de Vigo e a xente non cre que sigamos traballando a horta. E aínda se van producindo os campos de millo e aquí na parroquia oito ou dez panaderías hainas, case pegadas unhas a outras, o que quere dicir que a parroquia responde", conta a TVG Eduardo Comesaña, presidente da romaría do pan de millo.

"A xente aquí ao que vén é a isto, comprar o que é o pan de millo propio, que se fai coa masa nai, que se deixa dun día para outro. Ademais é un pan amasado a man. E cada vez é menos a xente, os panadeiros, que traballan este tipo de pan artesanal, aínda que aquí si que se  atopa este pan galego", engade Marcos Zurita, que pertence á organización da romaría do Pan de Millo.

Nos postos gastronómicos venden a broa con noces, con pasas e empanada de fariña de millo. A carón do pan unha pequena mostra das excelencias das hortas locais.

"Quen non ten unha horta? Ten que estar moi aburrido aquí o que non teña unha horta. Hai que tela. É unha forma de competir, unha maneira de dicir, eu dedícolle tempo ás miñas cousas. Ademais que unha vez retirados non temos outra cousa que facer", relata Juan Ignacio Sanlés, un dos organizadores da mostra de produtos. 

Cabral non quere grandes orquestras nin fanfarras. Quere seguir sendo a única vila que celebra o pan dunha fariña, a de millo, que substituíu a de castaña e que alimentou tantos galegos no campo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade