Os profesionais da visión insisten na importancia de facer unha revisión coa volta ao cole para detectar patoloxías
Os profesionais da visión insisten na importancia de facer unha revisión coa volta ao cole para detectar patoloxías
O 30 por cento do fracaso escolar está relacionado con problemas de visión non detectados
As patoloxías non detectadas poden limitar o rendemento académico e deportivo nos rapaces
Os profesionais advirten das consecuencias que poden carrexar os problemas de visión non detectados. Hai distintos síntomas que nos poden alertar dunha patoloxía na visión dos cativos.
Non só se resente o rendemento escolar. Unha visión deficiente tamén afecta á práctica deportiva.
Por iso os profesionais recomendan facer revisións tras a volta do verán coincidindo co inicio do curso escolar.
Nos últimos anos o uso das pantallas agudiza os problemas de visión, de feito o 20 por cento dos rapaces de sete anos xa son miopes.