Un home mata a súa nai nas Palmas de Gran Canaria e entrégase á policía
Polo momento non se difundiron máis detalles sobre a vítima e o presunto homicida nin sobre as circunstancias do crime

Unha muller de 78 anos foi apuñalada mortalmente onte á noite nas Palmas de Gran Canaria polo seu fillo, que despois se entregou á policía, segundo informou este martes a Xefatura Superior de Policía de Canarias.
Os feitos sucederon sobre as 21:10 horas do luns no lugar de Siete Puertas, no barrio de San Lorenzo.
A esa hora, unha patrulla acudiu ao domicilio da vítima despois de que o seu fillo confesase que a matara cun coitelo, precisa o comunicado da policía.
O cadáver da muller foi trasladado durante a noite ao Instituto de Medicina Legal das Palmas, mentres o Grupo de Homicidios da Policía inspeccionaba a vivenda.
Polo momento non se difundiron máis detalles sobre a vítima e o presunto homicida nin sobre as circunstancias do crime.