Publicador de contidos

Publicador de contidos

19 de setembro, Día do Aperitivo, todo un ritual da nosa gastronomía

19 de setembro, Día do Aperitivo, todo un ritual da nosa gastronomía

A efeméride xurdiu hai tres anos para homenaxear esta tradición tan asentada pero que inventaron os italianos

O seu consumo no primeiro trimestre deste 2025 aumentou un 3,4 %, segundo un informe do Goberno

G24.gal 19/09/2025 14:26

Hoxe, 19 de setembro, celébrase o Día do Aperitivo. Todo un ritual social da nosa gastronomía.  

"Se algunha fin de semana non podo, bótoo en falta, a min gústame moito o aperitivo", comenta unha muller.

Con amigos ou en familia, é unha das tradicións gastronómicas máis asentadas no noso país, aínda que foron os italianos os que o inventaron. 

 "Eu tómoo con quen queira anotarse, de 'bo rollo' e acompañado de boa música", di un home.

Trátase dun bocado moi versátil que se toma para abrir o apetito. Aquí somos máis de sabores tradicionais...

 "O aperitivo seé cun pouco de lacón, polbo ou tortilla, mellor", di un rapaz; unha muller engade: "O meu preferido é o vermú coas pataquiñas".

Tamén somos máis de tomalo fóra, no bar, e xa hai negocios especializados neste momento do día.

"Mellor fóra, socializas máis"; di un home. Unha rapaza comenta: "En familia e fóra, e se está bo tempo, moito mellor".

Lonxe de desaparecer, o aperitivo estase a reinventar nunha versión máis saudable. 

 "Non me importa probar sabores novos", comenta unha muller.

Un dato: no primeiro trimestre deste ano o seu consumo aumentou un 3,4 por cento.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade