Publicador de contidos

Publicador de contidos

Outros 18 locais de hostalería de Galicia reciben un Solete Repsol na campaña de Nadal

Outros 18 locais de hostalería de Galicia reciben un Solete Repsol na campaña de Nadal

Galicia ten xa 342 locais de hostalería que contan con este selo de calidade da guía Repsol

A Churrería La Quinta de Santiago é un dos novos Soletes Nadal 2025
G24.gal 01/12/2025 15:09

Cada lugar ten os seus locais de hostalería que destacan polo bo ambiente e por algunha oferta singular e apetecible. Desde 2021, os expertos en gastronomía da Guía Repsol van avaliando estas tascas, tabernas, cafeterías, bares ou casas de comidas e recoñecen cun emblema, o Solete, a súa singularidade.

A churrería La Quinta, de Santiago, acaba de sumarse á listaxe e o seu promotor, Ibai Castiñeiras, di que está encantado co recoñecemento, pero que aínda non tivo tempo de asimilalo.

Ibai é a quinta xeración dunha saga de churreiros ambulantes de Pontecesures, pero, á hora de darlle o relevo á avoa Fina, hai un par de anos decidiu optar por un local fixo en Compostela. Tanto o nome coma a decoración do local honran o legado familiar, pero el e o seu equipo tamén van innovando.

O que máis sae son os churros clásicos, pero tamén os fan recheos de crema ou chocolate. E das moitas probas que foron facendo, hai uns que tiveron éxito desde o principio e que xa forman parte da súa identidade: os churros con topping de kinder-nutella.

Aínda que o boca directo é o das redes xa fora consolidando a súa clientela, Ibai conta que o Solete que acaba de gañar vai axudar a ampliala e celébrao coma unha honra para a saga familiar da que provén.   

Os Soletes de Nadal 2025

A Guía Repsol presentou máis de 300 Soletes de Nadal repartidos por case todas as provincias de España, 18 deles en Galicia. En total, a comunidade galega conta con 342 Soletes. Estas son as novas incorporacions por provincias:

A Coruña

  • Betanzos: Bodega 83 (Rúa Castro, 13)
  • Santiago de Compostela: A Tasquiña da Senra (Rúa da Senra, 4) e La Quinta (Rúa da Caldeirería, 42)
  • Ferrol: Zahara (Rúa da Caldeirería, 42)

Lugo

  • Foz: Casa Damián (Paseo de Colón, 5)
  • Monforte de Lemos: Moure (Rúa Chantada, 16) e Garden Monforte (Avenida de Galicia, 13)
  • Guitiriz: Panadería La Esquina (Rúa Deputación, 3)

Ourense

  • Ourense: Ollo Kanalla Kfé (Parque das Mercedes, 5) e A Nené Ultramarinos (Rúa San Miguel, 5)
  • Allariz: Vinoteca A Micalla (Plaza Mayor, 5)
  • O Carballiño: Restaurante Pulpería Casa Gazpara (Rúa das Flores, 2)

Pontevedra

  • Poio: Casa Ces (Avenida Porteliña, 15) e Tintanegra (Avenida Francisco Regalado, 44)
  • Pontevedra: Confitería Solla (Rúa Michelena, 7)
  • Silleda: Parrillada El Gaucho (Lugar Lamela, 6)
  • Cambados: Vago Viños Brasería Cambados (Plaza Asorey, 3, bajo)
  • Redondela: Restaurante Regato Praia (Paseo de la Playa, 10)

Nesta edición de Nadal incluíron como novidade a distinción a congregacións relixiosas para que os mellores fornos conventuais reciban o recoñecemento polas receitas centenarias herdadas e o seu desempeño artesanal. Pero entre os 27 mosteiros premiados por toda España, non figura de momento ningún dos de Galicia.

La Quinta honra a saga familiar de churreiros da que provén o seu promotor La Quinta honra a saga familiar de churreiros da que provén o seu promotor
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade