Publicador de contidos

Publicador de contidos

A hostalería de Ferrolterra, en garda por unha vaga de roubos nos bares

A hostalería de Ferrolterra, en garda por unha vaga de roubos nos bares

A Policía investiga varias denuncias por roubos ou tentativas en establecementos hostaleiros de Narón e Ferrol

Entran buscando a recadación da caixa ou das máquinas comecartos

Danos nun dos establecementos asaltados en Narón
G24.gal 16/02/2026 14:51 Última actualización 16/02/2026 18:06

Aínda son visibles os restos do último golpe á hostalería en Narón. É un burato no cristal dun bar de Freixeiro. Por el entraron os ladróns, de madrugada e directos á máquina comecartos. E traballaron rápido: 

"Tardaron un minuto en romper o cristal e a máquina" explica Gustavo Valdés, o propietario do bar. "Levaron as dúas caixas da máquina comecartos e nada máis, para dentro da barra non tocaron nada, só viñeron pola comecartos", engade.

Calcula que puideron levar cousa de 1.500 euros. Eran dous, encapuchados e con luvas. Foron rápidos, pero non precisamente delicados: espertaron os veciños cos golpes. "No cristal deron máis de 40 golpes, á máquina comecartos déronlle só sete, e xa abriu" di Valdés. Despois soubo de que entraran noutros locais esa mesma noite.

"Están abrindo moitos locais, a semana pasada foi no Rich, hai varios -di-. É xente que se dedica só a isto, penso que veñen de fóra e que están agora pola zona".

Antes desta vaga de roubos, hai xusto un ano, houbera outra. Case en fronte do bar de Gustavo colleron os ladróns coas mans na masa. Tamén entraran pola comecartos. Viñan de tentalo antes noutro bar da estrada de Cedeira, pero fuxiron ao verse sorprendidos pola camareira.

"Rompéronme o cristal, pero non conseguiron entrar porque me chamou a camareira e, como vivo cerca, controlamos a situación", explica o dono, Juan José García. "Chamamos a policía, e despois foi cando os pillaron roubando pola zona de abaixo, no Costa Brava"

Así que agora están preocupados polos novos asaltos. "Está habendo roubos outra vez, así que mandarei unha cama no almacén e a durmir aquí, é o que me queda", di García.

A policía investiga varias denuncias presentadas nas últimas semanas: entraron ou tentaron entrar en varios establecementos de Narón e Ferrol.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade