Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rouban no pavillón da Cañota, en Marín, por segunda vez nun mes

Rouban no pavillón da Cañota, en Marín, por segunda vez nun mes

Os ladróns romperon as persianas, forzaron as portas e causaron diferentes estragos nas instalacións

 Desde o Concello estudan medidas para aumentar a vixilancia 

G24.gal 10/04/2026 14:06

Desde o Marín Futsal denuncian publicamente o roubo e os actos vandálicos no pavillón da Cañota, unha instalación municipal que o club emprega acotío  con máis de trescentos rapaces.

Os ladróns romperon as persianas, forzaron as portas e varios armarios e causaron diferentes estragos nas instalacións. Outro dos seus obxectivos foron os produtos das máquinas expendedoras, as bebidas da cantina e un ordenador das oficina. Na zona, os veciños piden que se incremente a seguridade. 

Este é o segundo roubo en menos dun mes. Desde o Concello estudan medidas para aumentar a vixilancia.

Tamén desde o club piden que se adopten as medidas precisas para que estes actos non queden impunes. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade