Publicador de contidos

Publicador de contidos

Gravan os ladróns levando aceiro por valor de 12.000 euros dunha empresa de Ponteceso

Gravan os ladróns levando aceiro por valor de 12.000 euros dunha empresa de Ponteceso

Os responsables da empresa supoñen que o destino é a chatarra

A cámaras de seguridade captaron o roubo
G24.gal 06/04/2026 14:27

A empresa Glaücor Enxeñería dedícase ao deseño e fabricación de instalacións industriais e maquinaria nestas instalacións do Polígono da Tella en Ponteceso. No último ano sufriron dous roubos semellantes. Na primeira ocasión deixaran material de aceiro inoxidable fóra desta nave principal e leváronllo. Na segunda ocasión, hai un par de meses, foi diante destoutra nave que empregan como almacén. As cámaras de seguridade captaron a acción dos ladróns que actuaron con total impunidade.

O material subtraído nos dous roubos ten un valor próximo aos 12.000 euros. Os responsables da empresa supoñen que o destino é a chatarra.

Tras denunciar os feitos entregando as gravacións, a Garda Civil iniciou unha investigación que permitiu identificar os presuntos responsables do furto: dúas mulleres e un home, veciños da Coruña. Dous deles teñen antecedentes por distintos delitos. Os responsables da empresa Glaücor tamén denunciaron ser obxecto de extorsión por parte de dous homes que se ofreceron a realizar unha demostración de pulído e afiado de brocas.

Na empresa non lles convenceu o traballo e os individuos volveron en varias ocasións esixindo con ameazas o pago de 400 euros pola demostración. Souberon que no polígono outras empresas sufriran situacións semellantes. O caso está en mans da Garda Civil.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade