Cargando resultados...
Dous individuos agriden un home para roubarlle unha cadea de ouro en Poio
A xoia roubada está valorada, segundo a vítima, nuns 300 euros
G24.gal
08/04/2026 15:01
Sorpresa en Poio por un asalto a plena luz do día. Segundo a denuncia, o domingo ás 5 da tarde, a vítima camiñaba por unha céntrica rúa, a máis transitada de Poio.
A denuncia recolle que nun momento concreto foi asaltado por dúas persoas que lle deron unha malleira e logo lle roubaron de maneira violenta unhas pertenzas de ouro que levaba, avaliadas nuns 300 euros. Xa hai unha investigación aberta.