Publicador de contidos

Publicador de contidos

Preparar a comida na casa polo menos unha vez á semana reduce un 30 % o risco de demencia

Preparar a comida na casa polo menos unha vez á semana reduce un 30 % o risco de demencia

Científicos xaponeses propoñen este "remedio" contra o deterioramento cognitivo

G24.gal 08/04/2026 14:45

Nunha  época en que xa pedimos por encarga ata a tortilla ou o cocido, e en que xorden empresas que nos envían o chef a domicilio para xantares especiais, ten que vir a ciencia demostrar que como na casa, non se come en ningún lado.

Segundo o Instituto de Ciencias de Toquio, os que cociñan na casa polo menos unha vez á semana teñen un 30 % menos de probabilidades de ter demencia. Unha curiosidade é que o risco pode reducirse ata nun 70 % se eses cociñeiros maiores están aprendendo. O caso é que cociñar, explican os expertos, serve para espertar e exercitar moitas funcións cognitivas.

 "Temos que procurar os ingredientes, lembrar ou escoller a receita, e despois tamén estimula a motricidade fina. Exercita a vista, o oído e o olfacto e ademais require sociabilización", explicou Miguel Carreiro, profesor na Facultade de Enfermería da USC e especialista en enfermería familiar.

Parolar cos veciños para esperar o peixeiro pode ter, din os expertos, máis beneficios dos que imaxinamos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade