Publicador de contidos

Publicador de contidos

O xulgado de Viveiro ordena a reapertura do caso Maruxaina por un novo sospeitoso

O xulgado de Viveiro ordena a reapertura do caso Maruxaina por un novo sospeitoso

O Tribunal, tras analizar a ausencia de indicios de criminalidade contra o único investigado ata o momento, acorda a firmeza do sobresemento respecto a el

Xulgados de Viveiro Xulgados de Viveiro
G24.gal 08/04/2026 16:18

A Sección Civil e de Instrución do Tribunal de Instancia de Viveiro ordenou a reapertura da causa sobre as imaxes subidas a páxinas web de contido erótico de mulleres que foron gravadas mentres ouriñaban na vía pública durante a festa da Maruxaina, en agosto de 2019 en San Cibrao, no municipio de Cervo.

Segundo un comunicado do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, a xuíza instrutora aplicou "a recente interpretación xurisprudencial do Tribunal Supremo sobre o cómputo de prazos na Lei de Axuizamento Criminal, a cal permite a práctica de dilixencias nos doce meses seguintes á identificación dun novo investigado”.

O TSXG detalla que a sentenza do Tribunal Supremo foi ditada no tempo transcorrido entre o auto de sobresemento provisional do caso, de data 14 de xaneiro de 2026, e o momento en que se ordena a reapertura.

Reábrese a causa para investigar a outra persoa identificada 

O Tribunal de Instancia de Viveiro, tras analizar a ausencia de indicios de criminalidade contra o único investigado ata o momento, acorda a firmeza do sobresemento respecto a el, pero ordena a reapertura da causa co obxectivo de investigar a outra persoa identificada a partir dun informe técnico.

En consecuencia, decreta a práctica de diversas dilixencias para esclarecer a participación deste novo investigado nos feitos e require ás partes que propoñan as dilixencias adicionais que consideren necesarias.

A resolución non é firme, pois contra ela cabe interpoñer recurso de apelación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade