Publicador de contidos

Publicador de contidos

Dous detidos e un investigado por varios roubos con forza en vehículos do Milladoiro

Dous detidos e un investigado por varios roubos con forza en vehículos do Milladoiro

O valor total dos obxectos roubados supera os 7.000 euros

G24.gal 05/06/2026 10:04

A Garda Civil, coa colaboración da Policía Local de Ames, detivo dúas persoas e investiga unha terceira como presuntos autores de varios delitos contra o patrimonio no Milladoiro: roubo con forza, furto e estafa.

Segundo informaron fontes da Comandancia da Coruña, a investigación, bautizada como operación Quimique, iniciouse o pasado mes de marzo, ao detectarse un aumento deste tipo de delitos no núcleo urbano do Milladoiro.

A maioría dos ilícitos eran roubos con forza no interior de vehículos que estaban aparcados en garaxes comunitarios, e furtos tamén en garaxes.

Os sospeitosos entraban nos aparcamentos durante a noite, aproveitando o acceso ou saída de vehículos dos residentes e, unha vez nos garaxes, subtraeron efectos como pezas deportivas, documentación privado, diñeiro en efectivo, dispositivos electrónicos, ferramentas ou bicicletas.

O valor total dos obxectos roubados supera os 7.000 euros.

O pasado 16 de maio localizouse e detivo ao principal sospeitoso, un home de 36 anos de idade, e procedeuse tamén á detención da súa parella, unha muller de 19 anos que supostamente colaboraba vendendo os efectos roubados nun local de compravenda de segunda man. Igualmente, investígase a outro home de 23 anos de idade pola súa implicación directa na loxística dos roubos.

Por outra banda, os investigadores constataron o uso fraudulento dunha tarxeta bancaria subtraída nun establecemento de máquinas expendedoras do Milladoiro, polo que tamén lles atribúen o suposto delito de estafa.

A Garda Civil e a Policía lograron recuperar parte dos obxectos roubados, que xa foron restituídos aos seus propietarios. As dilixencias foron postas en coñecemento do tribunal de instancia de Santiago.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade