Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Guía Repsol recoñece con 3 Soles o restaurante galego ‘A Tafona’

A Guía Repsol recoñece con 3 Soles o restaurante galego ‘A Tafona’

 Estréanse con 1 Sol Guía Repsol os restaurantes ‘Marna’ (Pontevedra) e ‘Alberte’ (Vigo), na provincia de Pontevedra; os coruñeses ‘O Secadeiro’ (Outes) e ‘El de Alberto’ e ‘Gunnen’, ambos na Coruña; ‘Vértigo’ (Sober), na provincia de Lugo, e ‘Miguel González’ (O Pereiro de Aguiar), en Ourense.

A Gala dos Soles Guía Repsol celebrouse en Tarragona cos chefs máis destacados do país e os 83 novos Soles

directo
G24.gal 16/02/2026 17:59 Última actualización 16/02/2026 22:16

 Galicia conta desde este luns cun novo restaurante recoñecido con 3 Soles Guía Repsol. Trátase de ‘A Tafona’, situado en Santiago de Compostela.

Ademais, estréanse con 1 Sol os restaurantes ‘Marna’ (Pontevedra) e ‘Alberte’ (Vigo), na provincia de Pontevedra; os coruñeses ‘O Secadeiro’ (Outes) e ‘El de Alberto’ e ‘Gunnen’, ambos na Coruña; ‘Vértigo’ (Sober), na provincia de Lugo, e ‘Miguel González’ (O Pereiro de Aguiar), en Ourense.

Con estas oito incorporacións, Galicia conta cun total de 49 restaurantes galardoados: 34 con Un Sol, 12 con Dos Soles e 3 con Tres Soles.

“Guía Repsol ten todo o ano posto o radar nos restaurantes que mesturan intelixencia e intuición e búscaos proactivamente polo territorio para que sigamos probando cousas novas. As tendencias gastro evolucionan cada ano e nesta edición 2026 a fusión entre distintas rexións de España substitúe ás influencias máis exóticas, que tanto tempo prevaleceron nos restaurantes. Hai propostas tamén rupturistas, que conviven con outras máis evocadoras e a conciliación esténdese no sector”, explicou María Ritter, directora de Guía Repsol.

Entre os 83 novos Soles que se suman este ano á comunidade de Guía Repsol, distínguense 3 restaurantes con Tres Soles, a máxima cualificación: 'A Tafona' (Santiago de Compostela), 'Ramón Freixa Atelier' (Madrid) e 'Voro' (Mallorca), que evidencian a heteroxeneidade que gozamos no noso país.

A proposta de Lucía Freitas en Santiago de Compostela destila sabor atlántico e enxalza a alma galega, coa visión moderna de quen ama a orixe e construíu un universo propio, no que as produtoras e artesás son parte fundamental.

En Capdepera (Mallorca), o cociñeiro xienense Álvaro Salazar desprega en ‘Voro’ un mosaico mediterráneo filtrado pola súa memoria andaluza, no que as características de cada produto se exprimen con creatividade.

Ramón Freixa revalida os Tres Soles no gastronómico Atelier, onde nunha barra só para dez comensais busca o clímax a través dunha experiencia exclusiva.

Once son os restaurantes que se estrean con Dous Soles Guía Repsol.

Recoñécese o diálogo entre viño e cociña de ‘Barahonda’, situado nunha adega centenaria en Yecla (Murcia); ‘Bascoat’ (Madrid), onde destaca unha cociña vasca actualizada; ‘Callizo’, que aposta pola cociña de monte do Alto Aragón en Aínsa (Huesca); ‘Dos Palillos’ (Barcelona), no que o Mediterráneo e Asia se irmandan con éxito; ‘Dromo’ (Badaxoz), mestura de memoria familiar con vangarda para enxalzar sabores populares; ‘Fierro’ (Valencia) transita entre a costa e a horta da contorna e Arxentina; ‘La Bicicleta’, en Hoznayo (Cantabria), móvese entre o actual e o atemporal para esmiuzar as raíces; ‘Mesón Sabor Andaluz’ eleva o produto humilde cunha cociña emocional e familiar en Alcalá del Valle, na Serra de Cádiz; ‘San Hô’, en Tenerife, é unha viaxe culinaria mestiza con parada nas sete illas canarias; en ‘Smoked Room’ (Madrid), as brasas e a tempada son protagonistas nesta barra omakase, e en ‘Vandelvira’ (Xaén) os vexetais son os reis dun menú pegado á terra.

69 restaurantes reciben Un Sol Guía Repsol 2026.

Partidarios de menús máis curtos e accesibles, responden ás demandas dun comensal que busca frescura e cambios frecuentes para seguir a tempada ao detalle.

Nesta edición, máis dunha trintena de novas cociñeiras e cociñeiros incorpóranse á Guía con propostas sostibles, creativas e cheas de futuro. Esa mestura de veteranía e xuventude é unha das nosas maiores riquezas”, destacou o presidente de Repsol, Antonio Brufau.

En preto dunha vintena de restaurantes é posible comer moi ben arredor dos 50 euros, como en ‘Trèsde’ (Madrid), ‘Moral’ (Santa Cruz de Tenerife) ou ‘Farigola&Menta’ (Valencia). A fusión internacional mingua mentres aumenta entre territorios de España. Dela presumen restaurantes como ‘Cervus’ (Tarragona), unha mestura entre Catalunya e Andalucía; ‘Troqué’ (Adeje), que enlaza Canarias co País Vasco e Asturias; ou ‘Besta’ (Barcelona), que mira ao Mediterráneo e ao Atlántico galego. Sentar nunha barra proporciona entrada en primeira fila ao espectáculo de cociñar en directo, como en ‘EMi’ (Madrid); ‘539 Plats Forts’, en Puigcerdá (Girona); ‘El Bar Old School Food’ (Mérida), ou ‘Siseo’ (Lleida). É unha opción cada vez máis estendida.

Andorra entra en Guía Repsol este 2026 con Un Sol para ‘Ibaya’, abrindo a porta a futuras distincións, e 7 Recomendados, categoría que a partir desta edición pasa a denominarse Restaurantes Guía Repsol.

A Gala celebrouse no Palau de Tarragona en colaboración con Catalunya, a Comunidade con máis Soles de España.

Coas novas incorporacións da edición 2026, un total de 808 restaurantes forman o universo de Soles Guía Repsol.

 
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade