Publicador de contidos

Publicador de contidos

Este luns danse a coñecer os novos Soles Guía Repsol 2026

Este luns danse a coñecer os novos Soles Guía Repsol 2026

En Galicia hai xa 43 restaurantes con Soles, e este ano a nosa comunidade sumará novos recoñecementos

Sigue en directo a gala na nosa web a partir das 20:00

directo
G24.gal 16/02/2026 18:33 Última actualización 16/02/2026 20:25

Baixo o lema "Sigamos probando cousas novas", este luns danse a coñecer os novos Soles Guía Repsol 2026  nunha gala no Pazo Feiral e de Congresos de Tarragona.

Esta é a oitava Gala dos Soles Guía Repsol, despois das catro celebradas en San Sebastián-Donostia e as de Alacante, Cartaxena e Santa Cruz de Tenerife.

Na do ano pasado, coa capital tinerfeña como anfitrioa, recoñeceuse coa máxima distinción dos Tres Soles Guía Repsol aos restaurantes Bagá, do chef Pedro Sánchez en Xaén, e La Finca, de Susi Díaz, en Elx (Alacante).

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade