Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rafael Centeno celebra a estrela Michelin de Vértigo, o seu novo restaurante de Sober

Rafael Centeno celebra a estrela Michelin de Vértigo, o seu novo restaurante de Sober

Abriuno hai só un ano cos seus fillos na bodega Regina Viarum da Ribeira Sacra

É a primeira estrela que recibe un restaurante da provincia de Lugo en toda a historia da guía

Centeno mantén outra estrela no restaurante Maruja Limón de Vigo desde hai máis dunha década

G24.gal 27/11/2025 15:56 Última actualización 27/11/2025 16:23

Este xoves é a primeira xornada de traballo no restaurante Vértigo, en Sober, e aínda resoa aquí o vivido hai dous días en Málaga na gala de entrega das estrelas Michelin 2025. "Para nós foi unha sorpresa", di Rafael Centeno, aínda que recoñece que cando recibiron a invitación para ir a gala uns días antes se puxeron un pouco en alerta. 

"A estrela é de todo ó equipo, cada un ten o seu piquiño. É un proxecto que está nacendo e, sobre todo, nace na miña terra, que é Lugo e entón é moito máis emotivo e satisfactorio". 

Centeno xa era un veterano das estrelas Michelin co seu restaurante Maruja Limón de Vigo, pero, como lugués, valora especialmente conseguir o mesmo recoñecemento para Vértigo, un proxecto que iniciou hai tan só un ano cos seus dous fillos na bodega Regina Viarum, en plena Ribeira Sacra.

"A outra pata do restaurante, amais da comida é o mundo do viño e que mellor sitio en Galicia para estar no mundo viño ca Ribeira Sacra".

A repercusión da estrela multiplicou as reservas para degustar os dous menús de Vértigo, baseados en produtos locais de temporada. Pero outro dos grandes ingredientes da súa oferta é a paraxe en que se goza.

"Estar nun sitio tan máxico coma a Ribeira Sacra, fai que a experiencia gastronómica sexa desde que entras e empezas a ver o que é, o que significa e onde estás".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade