Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os veciños de Peliquín en Ourense, quedan illados

Os veciños de Peliquín en Ourense, quedan illados

O enfado vén motivado polo peche do seu paso a nivel polo que circulan diariamente milleiros de persoas

ADIF desbota a construción dun paso a nivel soterrado sendo, a única solución, a colocación dunha pasarela peoníl sobre as vías do tren

G24.gal 19/09/2025 13:50

Polo paso a nivel de Peliquín cruzan diariamente moitos peóns, pero sobre todo vehículos. Ricardo Vázquez, presidente desta Asociación de Veciños.

"Posiblemente entre catro e cinco mil persoas, directa ou indirectamente, van quedar afectadas".

Afectación que está motivada polo peche deste paso a nivel por parte do ADIF deixa sen alternativas a veciñanza. Falmos con algúns dos residentes na zona.

"Cando pechen o paso a nivel imos quedar illados de todo. Xa vedes que están pasando coches continuamente. É un acceso moi importante deste barrio Vinteún e co de Peliquín ao centro da cidade de Ourense".

A veciñanza e o Concello pediron a construción dun paso soterrado, algo que foi desbotado. No seu lugar, construirán unha pasarela peonil sobre as vías do tren con altura suficiente para sobrevoar a catenaria.

"Como vai ser suficiente. Chega unha ambulancia, chegan os bombeiros..., que van polo aire ou mellor que suban a pasarela. Isto non ten nin pés nin cabeza".

A isto súmase a supresión do bus urbano por esta zona agravando aínda máis a situación. Ricardo Vázquez presidente da Asociación de Veciños de Peliquín.

"Non hai buses urbanos dende o 16, quitaron o autobús que había porque como van pechar o paso a nivel, deberon de adiantarse aos acontecementos, entón quedamos sen bus. Pero de momento, segue funcionando este paso a nivel".

O crecemento das infraestruturas ferroviarias están detrás deste peche. A xente entende que hai que garantir a seguridade das persoas, pero dando máis alternativas aos veciños.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade