Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ultiman as obras de acondicionamento da contorna da estación intermodal de Lugo

Ultiman as obras de acondicionamento da contorna da estación intermodal de Lugo

Adif conta dar por rematada a nova estación este mes de xuño

As obras da estación de autobuses lindeira prevese que rematen en outubro 

 

 

G24.gal 18/06/2026 15:14

Os coches levan máis dun mes sen poder circular pola praza de Fontao, porque esta vía clave para o acceso ao centro da cidade de Lugo polo norte é tamén a que dá acceso á estación do tren. Por iso está tan afectada polas obras de reurbanización asociadas á nova intermodal. Pero as obras están a piques de rematar. A reposición do aglomerado da calzada, iniciada este luns, acabará esta mesma semana. 

Os veciños da zona sobrelevan con máis ou menos paciencia as molestias, contando que todo remate este mesmo mes, coincidindo coa fin previsto por Adif para as obras da nova estación de tren. Para a intermodal ao completo haberá que agardar a outubro, que é cando está prevista a fin das obras da estación de autobuses lindeira.

As obras de reurbanización da contorna da estación manteñen cortada o tráfico a praza de Fontao As obras de reurbanización da contorna da estación manteñen cortada o tráfico a praza de Fontao
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade