Publicador de contidos

Publicador de contidos

Condenan a Xunta e a CHMS pola súa "inactividade" ante a "degradación ambiental" do encoro das Conchas

Condenan a Xunta e a CHMS pola súa "inactividade" ante a "degradación ambiental" do encoro das Conchas

Deberán "adoptar inmediatamente" as medidas necesarias para garantir o abastecemento de auga potable limpa, segura e libre de microorganismos e substancias químicas

Imaxe de arquivo do encoro das Conchas Imaxe de arquivo do encoro das Conchas
G24.gal 11/07/2025 19:02

A sección segunda do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) condenou a Xunta e a Conferencia Hidrográfica Miño-Sil (CHMS) pola súa "inactividade" ante a "degradación ambiental" do encoro das Conchas (Ourense) e por vulnerar dereitos fundamentais dos veciños.

"Declárase a vulneración dos dereitos fundamentais dereito á vida e na súa relación co dereito á intimidade e á inviolabilidade do domicilio, á propiedade vinculados ao gozar da auga", recolle a sentenza do TSXG.

A demanda foi presentada en marzo deste ano pola asociación local de veciños da vila das Conchas, no municipio de Lobeira (Ourense), e a Federación de Consumidores e Usuarios CECU, xunto a sete cidadáns particulares.

Segundo os demandantes a grave contaminación existente no encoro e na conca do río Limia debido, principalmente a xurros e a residuos gandeiros, provocou a contaminación da auga potable, malos cheiros e proliferación de cianobacterias.

Agora, o alto tribunal galego, que estimou parte da demanda, entende que a vulneración está provocada pola "inactividade" de ambas as administracións públicas que, "a pesar de coñecer a situación e estar legalmente obrigadas a iso, non foron capaces de poñer remedio algún".

Desta forma, condena a Xunta e a CHMS a adoptar "inmediatamente" cantas medidas sexan necesarias para que "cesen os cheiros e a degradación ambiental" do encoro e a súa contorna e devolverlles "o pleno goce dos dereitos fundamentais" que reclaman os denunciantes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade