Unha muller e dúas nenas tiveron que ser rescatadas no incendio dun piso na Coruña
Foi unha veciña a que deu a voz de alarma e detallou que había moito fume no edificio

Os Bombeiros da Coruña traballaron arreo na extición dun incendio rexistrado nunha vivenda da rúa Camelias, no barrio das Flores.
O lume xerou grande expectación, polas lapas e o fume que saían da vivenda. No interior había unha muller e dúas nenas que quedaron atrapadas polo lume e tiveron que ser rescatadas polos bombeiros e evacuadas en ambulancia o Chuac.
Segundo indicaron fontes do 112 Galicia, o lume comezou sobre as 13.30 horas deste venres e foi unha veciña a que deu a voz de alarma e detallou que había moito fume no edificio.
Tamén varios particulares que se atopaban na rúa alertaron a central de emerxencias. Desta forma, ata o punto desprazáronse os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros da Coruña, Policía Nacional e Policía Local.
O incendio afectou sobre todo o salón dunha vivenda ubicada no sexto andar, e o fume afectou o reesto do edificio ata o sétimo. Nese andar estaban as tres persoas evacuadas. Outras dúas, que estaban na vivenda lindeira, foron atopadas en bo estado. Según os bombeiros, no piso incendiado non había ninguén no momento do sinistro.