Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unhas 400 persoas fan a ruta xacobea que conmemora a Traslatio do Apóstolo

Unhas 400 persoas fan a ruta xacobea que conmemora a Traslatio do Apóstolo

Os barcos que participaron na ruta partiron de Cabo de Cruz, en Boiro, e remontaron o Ulla ata Pontecesures e Padrón

A Fundación Ruta Xacobea do Mar da Arousa e Ulla celebrou a primeira pereginación marítima hai 60 anos

G24.gal 13/07/2025 21:06 Última actualización 13/07/2025 22:12

Navegan pola ría da Arousa para remontar o río Ulla, a mesma ruta que, segundo a tradición xacobea, seguiu a barca que trasladou os restos do Apóstolo desde Haffa ata Iria Flavia, no século primeiro. A singradura deste ano foi especial, xa que se celebra o 60 aniversario da primeira peregrinación marítima.

"Hoxe é o 60 aniversario do primeiro remonte conmemorativo que fixo esta entidade, que foi en 1965. Temos que entender que o camiño da Traslatio é o primeiro dos camiños, sen traslación non podería entenderse a tradición xacobea, mesmo non entenderiamos Santiago de Compostela como o coñecemos hoxe", asegura o presidente da Fundación Ruta Xacobea Mar da Arousa e Ulla,  Javier Sánchez-Agustino.

Arredor de 400 peregrinos participaron na ruta xacobea polo mar da Arousa, que este ano partiu do porto de Cabo de Cruz, en Boiro. É un itinerario que esperta cada vez máis interese. 

"Si, isto vai a máis. De feito, hai un par de semanas tivemos varios barcos franceses que arribaron aquí, neste mesmo náutico, para facer o Camiño de Santiago, e a verdade é que o imos notando ano tras ano", asegura o alcalde de Boiro, José Ramón Romero. 

Os barcos arribaron a Pontecesures e Padrón. Nesta vila, na igrexa de Santiago, consérvase o Pedrón, a ara romana na que, segundo a tradición xacobea, amarrou a barca do Apóstolo Santiago.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade